Proxecto Final IV

    Hoxe vouvos contar o que fixen esta semana.

    Pois no primeiro lugar o que fixen foi crear un botón de controles no Inskcape. Deixovos aquí a imaxe de como quedou:



    Como podedes ver o deseño e similar ao botón de "JUGAR".


     O boton de "controles" esta no "Menú de inicio". Este menú ainda lle fai falta elementos decorativos.


   Cando se preme o botón de "controles" accédese a esta escena onde aparece un cadro dos controis do xogador e para acceder ao menú de pausa.

    Estos serían os eventos que habería que engadir a escena de "Controles" por se desexamos volver ao "Menu de inicio". E similar aos eventos do "Menu de pausa".


   No segundo lugar o que fixen, foi correxirlle os eventos da barra de vida (mencionado xa no artigo anterior). Custoume bastante corrixilo xa que nin tiña nin idea que eventos ponerlle e mirei un titorial dos eventos que lle tiña que ponerlle a barra de vida, pero a información era bastante incompleta. Finalmente conseguino e aquí vos deixo a imaxe de como quedaría:


     Vouvos explicar por pasos como funciona estes eventos:

     = Con estes eventos o inimigo nos fara daño se entramos en contacto con el e así perdemos algo de   vida. Se a barra de vida chega a 0, o xogador morre.
     = Con estes outros, sería os eventos da barra de vida. A barra esta sobre 100.
     = Con estes eventos, cando o xogador morra, aparecera a escena de "Game Over".
   
    Se queredes saber que titorial mirei, premede aquí. Tamén vos recomendo que miredes este titorial por se queredes facer un xogo de disparos e tamén vos deixo un enlace bastante interesante, que vos leva a unha serie de vídeos de como facer videoxogos desde cero en español, xa que o titorial que vos deixei no artigo anterior esta en inglés, e se algúns tedes problemas co inglés, daquela sera mellor que vexades ese vídeos que vos deixo aquí.

    E por último vouvos falar dos eventos externos. Como podedes ver na imaxe anterior hai unha flecha que sinala os "Eventos enemigos". Esos eventos da ordes aos inimigos de calquera escena, sempre cando eses eventos estea enlazados con unha escena que conteña inimigos. Vouvos deixar imaxes de como se fai.


   Primeiro tedes que clicar en "Otro" na flecha sinalada e logo premedes en "Enlace".


   Despois vos aparecera esta ventana. Premedes sobre a flecha abaixo e vos aparecera unha lista das escenas e eventos externos que queriades enlazar.

 
  E ata aquí o artigo desta semana. Se queredes saber o que fixo o meu compañeiro premede aquí.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Proxecto final V: Final

Proxecto Final III

Proxecto final I